
SAUDABLES-PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO
A iniciativa desenvolverase desde o mes de outubro e ata xuño cos obxectivos de mellorar a saúde física e mental das persoas participantes a través de actividades de carácter preventivo relacionadas co deporte, o emprego das novas tecnoloxías e a promoción da convivencia social.
Inclúe cinco propostas diferentes e complementarias entre si:
- Alfabetización e memoria, para exercitar a mente e manter capacidades cognitivas activas.
- Alfabetización dixital, orientada a aprender a usar o teléfono móbil e aproveitar as súas utilidades na vida diaria.
- Conecta Contigo, que combina dinámicas como risoterapia, musicoterapia...para favorecer o benestar emocional e persoal.
- Marcha nórdica, actividade física ao aire libre que mellora a resistencia e a mobilidade mediante andainas empregando os bastóns.
- Baile en liña, unha forma divertida de facer exercicio e compartir tempo en grupo.
A inscrición é gratuíta e para as persoas empadroadas. Abrirase o 14 de setembro e deberá formalizarse no Edificio Administrativo da Laracha ou en liña cubrindo o formulario. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición ata completar aforo.





