Política de Cookies
Data de actualización: 18/06/2026
Antecedentes
De conformidade co artigo 22.2 da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmase sobre as cookies utilizadas neste portal do Concello da Laracha e o motivo do seu uso.
Que son as cookies?
Unha cookie é un ficheiro que se descarga no equipo da persoa usuaria ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación e, dependendo da información que conteñan e do uso do equipo, poden empregarse para recoñecer á persoa usuaria.
Tipos de cookies
- Segundo a entidade que as xestiona: cookies propias, enviadas desde un dominio xestionado polo propio editor, e cookies de terceiros, enviadas desde un dominio xestionado por outra entidade.
- Segundo a finalidade: cookies técnicas, que permiten a navegación e o uso das funcións do sitio (identificar a sesión, xestionar o pagamento ou a inscrición) e están exceptuadas do consentimento; cookies de preferencias, que lembran información como o idioma; cookies de análise, que permiten analizar o comportamento das persoas usuarias; e cookies de publicidade comportamental, que mostran publicidade baseada nun perfil.
- Segundo o prazo: cookies de sesión, que desaparecen ao rematar a sesión, e cookies persistentes, que permanecen no terminal durante un período definido.
Cookies utilizadas neste portal
Este portal non utiliza cookies de análise nin de publicidade. As cookies que pode instalar son as seguintes:
laracha_cookies (propia, técnica, 1 ano): garda a súa decisión sobre as cookies para non volver preguntarlle en cada visita.
laracha_lang (propia, preferencias, 1 ano): lembra o idioma escollido para o portal.
wordpress_logged_in_… e wordpress_sec_… (propias, técnicas, sesión): manteñen iniciada a sesión das persoas con conta; só se instalan ao iniciar sesión.
wp-settings-… (propias, técnicas, 1 ano): lembran preferencias de visualización do panel; só afectan ao persoal xestor.
Almacenamento local do navegador (propio, técnico, temporal): o formulario de inscrición garda no propio navegador os datos que se van cubrindo para non perdelos entre pasos. Non se envía a terceiros e bórrase ao completar o trámite.
Cookies de Google Maps (de terceiros, Google LLC, segundo a súa propia política): só na ficha das actividades cuxa ubicación non ten coordenadas propias, onde o mapa se mostra incrustado desde Google. Únicamente se cargan se acepta as cookies de terceiros.
Pode consultar e cambiar a súa elección en calquera momento desde a ligazón «Configurar cookies» dispoñible ao pé de cada páxina.
Revogación e eliminación de cookies
En calquera momento a persoa usuaria poderá acceder á configuración do seu navegador para aceptar, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas, así como ás opcións de configuración e revogación do consentimento ofrecidas a través do panel de xestión de cookies deste portal, accesible desde a ligazón «Configurar cookies» do pé de páxina.
Terceiros prestadores de servizos
Os servizos de terceiros utilizados neste portal son os seguintes:
- Google Maps (Google LLC): mapa incrustado na ficha das actividades cuxa ubicación non ten coordenadas propias. Pode implicar transferencia a EE. UU., amparada no marco UE-EUA de privacidade de datos. Información: https://policies.google.com/privacy
- OpenStreetMap (OpenStreetMap Foundation): mapa incrustado no resto das actividades. Non instala cookies. Información: https://osmfoundation.org/wiki/Privacy_Policy
- Cecabank: pasarela de pagamento. Ao pagar, a persoa usuaria é redirixida ao seu contorno seguro, que aplica a súa propia política de cookies e de privacidade.
