Aviso Legal
Data de actualización: 18/06/2026
Identificación do titular do sitio web
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI-CE), facilítanse os seguintes datos identificativos do titular dos sitios web:
Titular: Concello da Laracha.
NIF: P1504200E.
Enderezo: Praza do Concello s/n, 15145 A Laracha (A Coruña).
Teléfono: 981 60 50 01.
Correo electrónico: sede@alaracha.es.
Contacto DPD: dpd@alaracha.gal.
Sitios web titularidade do Concello
Os seguintes dominios e subdominios son titularidade do Concello da Laracha:
- https://www.alaracha.gal/ (incluída a sección de turismo, https://www.alaracha.gal/turismo/)
- https://www.mardecaion.com/
- https://actividades.alaracha.gal/
- https://destapa.alaracha.gal/
- https://aulamentor.alaracha.gal/
- https://viveroempresas.alaracha.gal/
- https://emprego.alaracha.gal/
- https://eumerconalaracha.alaracha.gal/
- https://nadal.alaracha.gal/
O presente Aviso Legal resulta de aplicación a todos os sitios web de titularidade do Concello da Laracha, con independencia do provedor que preste o servizo de desenvolvemento ou aloxamento de cada un deles.
Obxecto
O Concello da Laracha, como titular dos sitios web, pon á disposición das persoas usuarias o presente documento co fin de dar cumprimento ás obrigas establecidas na LSSI-CE e de informar das condicións de uso.
Toda persoa que acceda a estes sitios web asume a condición de usuaria e comprométese á observancia e ao cumprimento das disposicións aquí recollidas, así como de calquera outra disposición legal que resulte de aplicación.
O Concello resérvase o dereito a modificar a información que figure nos sitios web, sen necesidade de aviso previo, entendéndose como suficiente a súa publicación no propio sitio.
Responsabilidade
O Concello da Laracha exímese de calquera responsabilidade derivada da información publicada nos seus sitios web cando esta fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.
Os sitios web poden utilizar cookies para o seu correcto funcionamento e visualización. Para máis información sobre o seu uso, pode consultar a Política de Cookies dispoñible en cada sitio web.
Desde os sitios web é posible que se redirixa a contidos de terceiros. Dado que o Concello non sempre pode controlar os contidos introducidos por terceiros nos seus sitios web, non asume responsabilidade respecto deles. En todo caso, o Concello procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública. Conforme aos artigos 11 e 16 da LSSI-CE, o Concello colaborará coas autoridades competentes na retirada ou bloqueo dos contidos que puidesen afectar ou contravir a lexislación ou os dereitos de terceiros.
Os sitios web foron revisados e probados para o seu correcto funcionamento. Non obstante, o Concello non pode garantir a ausencia total de erros ou interrupcións derivadas de causas técnicas, de mantemento ou de forza maior.
Propiedade intelectual e industrial
Os sitios web e os elementos necesarios para o seu funcionamento —incluíndo, a título enunciativo, a súa programación, edición, deseños, textos e gráficos— son titularidade do Concello da Laracha ou este conta coa autorización ou licenza correspondente das persoas autoras. O escudo e demais signos identificativos do Concello están protexidos pola normativa de propiedade industrial e intelectual.
A reutilización da información de carácter público dispoñible nos sitios web réxese pola normativa sobre reutilización da información do sector público e sobre transparencia e acceso á información pública. Sen prexuízo do anterior, a reprodución, distribución ou comunicación pública dos contidos con fins distintos aos amparados pola devandita normativa requirirá autorización cando proceda.
Os contidos, deseños ou signos alleos ao Concello que puidesen aparecer nos sitios web pertencen aos seus respectivos titulares, sendo estes responsables de calquera controversia que puidese xurdir respecto deles.
Veracidade dos datos facilitados pola persoa usuaria
Toda a información que a persoa usuaria facilite a través dos sitios web deberá ser veraz, exacta e estar actualizada. A persoa usuaria garante a autenticidade dos datos comunicados e comprométese a mantelos actualizados, sendo a única responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que estas puidesen causar ao Concello ou a terceiros.
Menores de idade
O acceso e uso dos sitios web por parte de menores de idade requirirá, en todo caso, a autorización previa dos seus proxenitores ou titores legais, que serán responsables do uso que aqueles fagan dos mesmos.
Obriga de facer un uso correcto dos sitios web
A persoa usuaria comprométese a utilizar os sitios web de conformidade coa lei, co presente Aviso Legal, coa moral e cos bos costumes. En particular, e a título enunciativo e non limitativo, comprométese a non transmitir, difundir ou poñer á disposición de terceiros material que:
- Atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas constitucionalmente, nos tratados internacionais e demais normas vixentes.
- Induza, incite ou promova actuacións delituosas, denigrantes, difamatorias ou violentas, ou contrarias á lei, á moral e á orde pública.
- Induza, incite ou promova actuacións ou actitudes discriminatorias por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición.
- Sexa contrario ao dereito á honra, á intimidade persoal ou familiar ou á propia imaxe das persoas.
- De calquera xeito prexudique a credibilidade do Concello ou de terceiros.
- Constitúa publicidade ilícita, enganosa ou desleal.
Lei aplicable e xurisdición
O presente Aviso Legal réxese pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia relativa aos sitios web serán competentes os xulgados e tribunais que correspondan conforme á normativa de aplicación, sen prexuízo da competencia da xurisdición contencioso-administrativa respecto dos actos administrativos do Concello da Laracha.
